Ás veces teño a sensación de que a nosa vida está demasiado condicionada por estereotipos, por ideas preconcibidas que damos por certas sen cuestionalas. A este tipo de cuestións corresponde definir ao
Partido Nacionalista Vasco (PNV) como un partido de dereitas. E xa está, quedamos tan tranquilos. Emporiso, eu pregúntome, que organización política se negaría a colaborar cunha forza que se define como: partido vasco, democrático, participativo, plural, aconfesional e humanista, aberto ao progreso e a todos os movementos de avance da civilización que redunden en beneficio do ser humano? Esta é a definición do PNV nos seus estatutos, podedes velo na súa páxina web. Recoñézome admirador do PNV, e moi en especial do seu expresidente Josu Jon Imaz, un auténtico valor. O seu abandono da política activa non só foi unha perda para o PNV e para Euskadi, senón tamén para todos os que consideramos que os nacionalismos periféricos teñen moito que dicir na política do Estado. Xa que logo, eu agardo a que o BNG poida seguir profundizando na súa relación co PNV, no marco de Galeuscat. Será beneficioso para o BNG e creo que tamén para a política española.
Algo semellante se pode afirmar de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC)
. Na páxina web deste partido podemos ler a súa definición: partido político nacionalista catalán, democrático, plural, humanista e progresista, que ten como eixo da súa filosofía política (discurso e actuación) o desenvolvemento integral e benestar das persoas e que pretende acadar unha sociedade xusta, solidaria, libre e independente. Eu desde logo non deixo de identificarme con estas palabras. Por que non estamos máis atentos ao real e deixamos de acreditar en falsos estereotipos?

Algo semellante se pode afirmar de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC)

Eu estou dacordo en que hai que fuxir dos estereotipos sempre, pero se imos a páxina do pp pon que é um partido de centro, humanista e reformista.
ResponderEliminarE certo que se debe valorar-la praxe, pero tamén o é que prestando atención as súas accións ambolos dous partidos demostraron xa firmemente o seu compromiso de dereita.
Eu o que penso é que ambos partidos demostraron firmemente o seu compromiso cos seus pobos (gobernando o PP ou gobernando o PSOE). Se estamos de acordo en que a praxe política debe ser valorada, eu, francamente, coido que partidos como o PNV (que é o caso que máis coñezo) non poden ser alcumados como de dereitas. Por outra parte, desde 1998, ano da sinatura da Declaración de Barcelona, o BNG vén mantendo relacións con ambas forzas políticas no marco de Galeuscat, continuando a tradición histórica do galeguismo. Eu creo que estas alianzas teñen que continuar, alén das conveniencias tácticas de cada momento.
ResponderEliminar