tag:blogger.com,1999:blog-214136271054489698.post5128630734227418654..comments2018-06-28T21:32:58.485+02:00Comments on DESFACENDO OS CADULLOS: Unha cartaPrudencio Viveiro Mogohttp://www.blogger.com/profile/06305081528764317524noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-214136271054489698.post-31271941825680927752009-06-11T21:58:19.599+02:002009-06-11T21:58:19.599+02:00Únome á túa ledicia, Prudencio, porque Manolo ben ...Únome á túa ledicia, Prudencio, porque Manolo ben merece esta homenaxe. E síntome especialmente feliz porque aquel día en que tiveron que ir os de fora para conseguir o que non fixeramos os da casa, darlle o nome de Manuel Lourenzo á casa da cultura de Ferreira, eu escribín que o concello aínda podía rectificar o erro, nomeándoo fillo predilecto. Está na hemeroteca, o mesmo que cando anos antes pedín e escribín que a casa da cultura levara o seu nome, cousa que so conseguiu a Asociación de Escritores en Lingua Galega.<br />Deixo agora escrita unha vella petición de recoñecemento a outros dous personaxes importantes para a nosa historia: dun lado Angel Castañón y Ayala, cura de Budián e verdadeiro fundador da Ferreira moderna. Ben merece un recordo na praza onde se celebra o mercado semanal polo que tanto loitou. E pido tamén un recoñecemento para a voz do Valadouro, Miro Casabella, que empezaba os seus recitais dicindo "Eu nacín en Ferreira do Valadouro. Son o segundo fillo dun tendeiro e o quinto neto dun cego cantor de coplas". Tamén está grabado. Hai máis, pero as cousas van lentas polo Valadouro.Miguel Vilanoreply@blogger.com