![]() |
Carlos Montenegro |
A imaxe máis común que
temos do emigrante galego é a do dependente de comercio nunha concorrida rúa de
Bos Aires ou da Habana. Esta visión, aínda sendo certa, non dá a medida exacta
do que foi a emigración galega. Houbo, en efecto, moitos galegos dedicados ás
tarefas comerciais, industriais ou mesmo agrícolas, mais podemos atopar tamén
unha minoría de galegos que destacou no eido das letras, ben como xornalistas,
ben como escritores.
É o caso de Carlos Montenegro.
A vida de Carlos
Montenegro parece sacada dunha das súas novelas e, porén, foi real:
dramaticamente real. Pouco coñecido en Galiza, Montenegro é un dos principais
narradores cubanos do século XX. Os seus libros están marcados polas súas
intensas vivencias.
Achegámonos á súa vida e á súa obra nun breve traballo publicado no último número da revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos