02/12/08

O voto da emigración


Achéganse as eleccions ao Parlamento galego e, unha vez máis, o tema do voto emigrante volve estar na primeira liña do debate político. É curioso, a importancia, pola cantidade, do voto dos emigrantes galegos fixo xurdir un novo tipo de emigración. Nas vésperas da campaña electoral, os políticos galegos desprázanse para gañaren as Américas: os nosos avós ían na procura de cartiños, para un futuro mellor; os nosos políticos van na procura de votos, tamén para un futuro mellor. Xa vedes, Hegel escribiu que a Historia, cando se repite, primeiro faino como drama e despois como farsa. E iso é o voto emigrante. Unha farsa. Un escándalo. Unha fraude. E parecía que desta volta todo ía ser diferente. Os tres principais partidos políticos de Galiza puxéronse de acordo no Parlamento para realizar unha reforma profunda do voto emigrante. Esta reforma pasaba, sobre todo, porque os emigrantes votaran como votamos o resto dos galegos, é dicir, en urna. Si, si, que felices estabamos todos. Cando o tema chegou ao Congreso dos Deputados, ao PSOE como que xa non lle corría tanta présa. Sabido é que os emigrantes galegos votan ao partido do poder: antes votaban ao PP e agora votarán ao PSOE. E os adoradores de ZP non queren perder un galano tan saboroso como é o voto emigrante, saben que en Galiza pode chegar a ser determinante. Puxeron a súa cobiza política por riba da moral e da ética. E hai que dicilo ben alto, o voto emigrante, tal e como está na actualidade, é unha gran fraude. Non só porque en moitos casos votan os mortos, senón tamén porque non se garante o segredo do sufraxio. Os nosos emigrantes teñen que poder votar como votan o resto dos galegos: nunha urna, nun colexio electoral acondicionado para tal fin, en consulados e embaixadas. Non facelo así é unha fraude á democracia galega e unha tomadura de pelo aos emigrantes, empregados só como simples votos, e non como cidadáns con dereitos. O PSOE ten que explicar por que non favoreceu a reforma elecoral para que os nosos emigrantes votaran como é debido. Púidolles máis a cobiza que os valores democráticos.

Post scriptum: é comprensíbel que os emigrantes conten para votar pero non sexan contabilizados á hora de repartir escanos? Se contaramos o número dos votos da emigración Galiza tería catro ou cinco escanos máis no Congreso dos Deputados. Por que non interesa isto? Estamos diante dunha nova fraude? Hai temas para o debate, só falta que os grandes partidos antepoñan os valores democráticos ao seu beneficio propio. Antes o PP e agora o PSOE están vulnerando as regras máis elementais da democracia ao se aproveitaren impunemente do voto da emigración. Algún día terá que lles pasar factura.

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Yo voy a hablar en castellano por que así se que a los nacionalistas les inquieta mas. La unificación del valle no es un asusto viable ya que O Valadouro es superior a Alfoz. Los comentarios de Terra Galega no se como tenéis cara de decir nada, y los del PSOE lo dejamos por que da vergüenza tener políticos así en el valle. Además si vosotros sois mejores por que la gente no os da su voto…

Orlando Marrube dixo...

A min non me inquieta que alguén fale castelán, cada un pode elexir libremente a lingua na que se quere expresar, por sorte hai liberdade para elexila, cousa que non sempre houbo. O que si que me inquieta e que haxa xente nativa de Galicia que mire mal a quen pretende defender e mirar polo ben da nosa cultura e das nosas raíces.
Eu creo que non hai que andar con clasicismos aquí naide é superior a naide, Alfoz ten unhas cousas boas e O Valadouro ten outras e a unión fai a forza e irianos a todos moito mellor.
Nosoutros non somos mellores que naide iso ten que xuzgalo o pobo, nos feitos e na forma de actuar da xente de cada partido. Vexo que xogas moito co ser mellor e peor e superior e inferior. Con respeto á túa última afirmación-pregunta, vouche poñer un exemplo, a candidata de Terra Galega daba impresión de creerse a mellor, por que quería ser alcaldesa a primeira vez que se presentaba e sen ter experincia como se veu nas negociación presumindo de ter varias carreiras etc, e mira tu por donde que foi a que menos votos tuvo de todos.

Prudencio Viveiro Mogo dixo...

Estimado Anónimo: yo soy nacionalista y tenga usted por seguro que no me inquieta el castellano. Como demostración le contesto en esta lengua. Mire, yo sólo expongo hechos, en ningún momento afirmo que los militantes del BNG seamos mejores. Lo que pasó, pasó, y ahí están las hemerotecas para contrastarlo. Terra Galega, y otros partidos de igual calaña, sólo sirven para dar cobertura a lo que ya no quieren en el PSOE y en el PP; en este sentido, O Valadouro no es una excepción. ¿O Valadouro es superior a Alfoz? ¿En que sentido? Los dos ayuntamientos tienen unos datos estadísticos muy similares, y además pierden población al mismo ritmo. Le digo más, con el tiempo habrá unha gran reorganización municipal en Galicia, porque nuestra querida nación gallega no soporta más de trescientos municipios. Sea usted bienvenido a este blog.

Anónimo dixo...

Creo que a ninguén lle "inquieta" o castelán, como di vostede, senón que máis vén a vostedes lles "inquieta" o galego. Quizais porque aínda están terriblemente e tristemente cheos de prexuízos. Unha mágoa que no S. XXI sigan con eses paxariños malos na cabeza. E outra cousa, isto non é un partido de tenis: ninguén é superior ou inferior e ninguén é mellor ou peor. Mirar o mundo en dicotomías (tamén do tipo PSOE-PP) é miralo cuns lentes que só ven cara a fronte e que non se deteñen nos lados. E seguindo a súa liña, préstame firmar como "anónima"

Anónimo dixo...

Señor Anónimo:
A ver se corrixe os seus erros gramaticais en español. A ver, home:

"mas" leva til: "más".
"no se como" tamén leva til: "no sé cómo".
"por que da vergüenza": porque, todo xunto...
"sois" non, hom, "sóis".

A min non me inqueda que vostede escriba na lingua do entranábel país veciño. Pero fágao ben, hom. Escribir castejano le es muy fino, pero con faltas de ortografía es que es una jrosería, hombre.