25/05/16

JOAQUÍN DÍAZ VILLAR


«Soy gallego. Y también a mucha honra. Del Valle de Oro, en Lugo, y de una aldea de ese Valle llamada Villa Ferreira, para mayor galleguidad»

Joaquín Díaz Villar en Diario de la Marina, A Habana, 29 de maio de 1955.

Nunca ponderaremos na súa xusta medida a importancia que a emigración tivo para a Galiza contemporánea. As visións pesimistas e tráxicas por un lado e o esquecemento das sociedades actuais por outro, favorecen que todas as achegas dos nosos emigrantes se vaian borrando da memoria. E, non obstante, moitas son as cousas que debe a Galiza actual aos que un día tiveron que abandonala. Ben agrupados en sociedades, ben por iniciativas persoais, moitas foron as colaboracións que os emigrantes prestaron ao desenvolvemento de Galiza. Particularmente notorias son as achegas no eido do ensino, coa construción de escolas e doazón de material para as mesmas. Porén, aínda que a máis sobranceira non foi a súa única contribución. As restauracións de igrexas e doutros edificios e lugares públicos tamén foron obxecto da súa atención. En definitiva, os emigrantes non esqueceron a súa terra natal, contribuíndo unha vez asentados a favorecer o seu progreso.

Tal foi o caso de Joaquín Díaz Villar, emigrante natural da parroquia de Vilacampa (O Valadouro) a quen dedicamos un traballo no número 52 da revista Lucensia que vén de aparecer. Podedes lelo premendo na seguinte ligazón.

2 comentarios:

J Cima D Vila dixo...

Comparto grande parte do contido do artigo, máis éme curioso que a personaxe de Joaquín Díaz Villar só adicara os seus esforzos a restaurar igrexas... Ao mellor fixo máis cousas pero pode que este home estivera máis ligado ás élites do poder que ao pobo.

Prudencio Viveiro Mogo dixo...

Máis cousas fixo, como por exemplo arranxar algunha estrada en Vilacampa. Que os emigrantes dedicaran os seus esforzos a arranxar igrexas estaba á orde do día, e non só entre os emigrantes do Valadouro. De feito, a iniciativa de se xuntar para restaurar a igrexa da parroquia está na orixe de moitas asociacións de emigrantes en Cuba e Arxentina. Logo xa virían outros proxectos, a destacar sobre todo a intervención escolar. Pero a restaurancion de templos continuou, e non necesariamente entre a elite da emigración. Para amañar igrexas todos puñan algo, ao igual que para contruír as escolas.