04/03/09

De volta ao deserto

As pasadas eleccións ao Parlamento galego decretaron a volta do PP ao goberno da Autonomía. É tempo agora de reflexións e análises, máis ou menos calmas. A derrota do bipartito é froito dunha acumulación de causas; todas elas contribuíron, en maior ou menor medida, a pór fin á experiencia de goberno encetada en 2005. Centrareime no BNG, pois é, loxicamente, o que máis me importa. Cómpre sermos humildes e recoñecermos os erros, os cometidos ao longo da lexislatura e os realizados durante a campaña electoral. Por aquí debe comezar a análise, pois son os factores internos nos únicos nos que temos completa marxe de manobra.

Ao longo destes tres anos e medio as bases cansamos de denunciar a escasa comunicación entre o goberno e as asembleas locais, o que imposibilitaba a estas para dar a coñecer o labor de goberno do BNG; esta tarefa era xa de por si difícil, tendo en conta que eran os alcaldes (do PP na súa maioría) os encargados de facer visíbeis os grandes proxectos do BNG. O aparello gobernamental do BNG, e non tanto conselleiros como directores xerais ou delegados provinciais, viviron de costas á realidade orgánica do BNG, e deste xeito é moi difícil explicarlle á sociedade as actuacións do Bloque. Evidentemente, se a comunicación non funcionou de arriba a abaixo tampouco o fixo en sentido contrario, co que iso ten de descoñecemento das demandas reais da nosa sociedade, ás que temos ineludíbel obriga de responder. As actitudes tampouco axudaron. A prepotencia dalgunhas persoas e o sectarismo doutras (ese vello vicio) contribuíron a ofrecer unha opinión negativa da administración do BNG. Durante a campaña electoral cometéronse erros graves. Se en 2005 a campaña axudara nos resultados, desta volta sucedeu todo o contrario. É nestes asuntos nos que hai que reflexionar, con calma pero con decisión. Debemos pedir perdón aos nosos exvotantes e tamén aos que, malia todo, nos votaron. Hai que recoñecer de xeito claro os erros.

Que dúbida cabe de que o contexto tampouco axudou. A crise económica que sufrimos favoreceu ao PP e prexudicou a PSOE e BNG (e non só ao PSOE como pensabamos moitos nacionalistas). Desde que teño memoria política, non vivira nunca unha campaña electoral tan sucia. O PP, e a fronte mediática que lle dá cobertura, empregáronse a fondo contra o bipartito en xeral e contra o BNG en particular. O Bloque pagou moi caro enfrontarse aos poderes económicos e mediáticos tradicionais en Galiza. Sufrimos en Galiza unha prensa infame, en gran medida ao servizo de poderes alleos aos intereses da nosa terra. Fomos leais ás nosas conviccións, que poñen por riba de todo o servizo ao noso pobo e non a poderes económicos alleos. Así tiña que ser, non nos laiemos disto.

Como adoita acontecer nestes casos, pasada a derrota electoral aparecen os voitres cos coitelos afiados. No BNG xa están aparecendo. Agora veñen pedir responsabilidades os que ao longo da última lexislatura non fixeron máis que pór paus nas rodas do xestión do BNG. Que o pensen ben, porque eu, cando estes individuos (algún con asento na executiva nacional) pidan responsabilidades, heilles pedir se están ao día dos seus deberes coa organización. Tamén hei pedir que me expliquen cal foi o seu traballo durante a campaña electoral e onde estaban mentres os militantes gastabamos os zapatos percorrendo cidades, vilas, parroquias e lugares da nosa nación. Vouno dicir moi claro. Malia todos os erros que se cometeron, Anxo Quintana, e o seu xeito de facer política, é o mellor que lle puido pasar ao Bloque Nacionalista Galego. Acredito no BNG que el quere construír e lamento que os malos resultados electorais poidan impedir seguir avanzando nun BNG máis partido político aberto e menos coalición de chiringuitos interesados. Máis abertos á sociedade á que servimos. Ao lado do noso pobo, sempre ao lado do noso pobo, para escoitar máis que para adoutrinar.

Remato. Dentro dos malos resultados xerais, a cidadanía do Valadouro volveu premiar o traballo do BNG. En ambos concellos o BNG subiu notabelmente, mentres que o PP e o PSOE experimentaban senllas baixadas. Imos, xa que logo, no bo camiño. E por aí imos continuar. Aquí estamos para traballar polo benestar dos nosos concellos, con firmeza e humildade.

5 comentarios:

Prudencio Viveiro Mogo dixo...

Pois xa apareceron en rolda de prensa os salvadores da patria. Que a Executiva é responsábel dos resultados? Que deberían demitir? Vale. Pois daquela eles tamén son responsábeis e, en consecuencia, deberían demitir. Xosé Manuel Beiras (Alternativas programáticas), Mario López Rico (Imaxe e propaganda) e Cristina Amor (Acción social). Velaquí os membros da Executiva que critican á Executiva. Por certo, xa gostaría eu de ter un informe sobre o traballo destes departamentos do BNG desde a última Asemblea Nacional.

Anónimo dixo...

Ánimo compañéiros,que eu non quero que me salve,ningún "mesías desaparecido durante catro anos",unha aperta dende Ferrolterra

Anónimo dixo...

Tes toda a razón Pruden, unha verdad como un templo. Ogallá que sexan conscientes diso e reculen pero vai ser difícil.
Pruden for president!!!!
Pastoriza girl

ramotxi dixo...

eu non entendo o ánimo de autodestrucción que nos abarca cando levamos o primeiro revés nas eleccións,tanto locais coma provinciais coma nacionais...salvadores?de qué,de quén,e cándo?.
cando todo pasa,todo é mais doado,eu era o primeiro en apostar unha cea por outros resultados mellores e aquí estou coa mesma enerxia e ánimo ca antes,porque para a miña modesta persoa, o realmente importante son os proxectos non as persoas..este era tamén o meu proxecto,qué errou?non teño nin idea pero o que sí sei é que o suicidio politico non leva a ningún lugar..eramos o mellor partido,tiñamos as mellores ideas e somos as mellores persoas..eu así o creo.SAUDOS COMPAÑEIROS E ÁNIMOS PARA AS SEGUINTES.....o mellor sempre está por chegar.SEGURO!!!!!

Prudencio Viveiro Mogo dixo...

Para que vexades o que fai a mentira e a difamación e, sobre todo, o que nos agarda, cópiovos un comentario dun lector no xornal El Correo Gallego. Lede, lede:


Desde que comenzaron las campañas políticas para el Parlamento Gallego, el personal del Consorcio Gallego, hago referencia a los centros para mayores, fue atacado vilmente por políticos y medios de comunicación.

Después de todo lo sucedido creo oportuno ponerme en contacto con vds. para por lo menos desahogar mi indignación ante tan imprudentes ataques, en los que se lanzaron bofetones de críticas a gente que estamos trabajando desde hace años por y para nuestros mayores.

El trabajo con la tercera edad ya es duro de por sí, tratamos casos de diversas problemáticas, nos enfrentamos día a día a la despedida de PERSONAS, intervenimos en situación de crisis que embargan nuestras emociones y muchas veces las de los que nos rodean, pero... también es cierto que vivimos con la sensación de estar haciendo algo de valor, de estar realizando una labor muy recompensarte en el día a día, muchas veces incluso por el único pago de una SONRISA, ¿LES PARECE POCO?

Pues bien, estoy hablando lo que nos mueve interiormente a seguir adelante a pesar de los salarios risorios a los que hasta ahora pudimos acceder, a 800 míseros euros que cobra un titulado medio por una jornada completa (Un fisioterapeuta, un trabajador social, un terapeuta ocupacional, una enfermera) por ejercer un trabajo de gran responsabilidad, en horarios que nada tienen que ver con el de muchos funcionarios públicos, e incluso en numerosas ocasiones en jornadas semanales de 10, 12 horas... evidentemente aun peor remuneradas pero así fijadas por el convenio de centros de atención a personas mayores.

Cuando nos presentamos a ese famoso concurso oposición, tan criticado desde hace unos meses, mucha gente no quiso apostar por el trabajo con mayores, no estaba dispuesta a dejar puestos estables en otros sectores mucho mejor pagados, por venirse a trabajar en una emergente red de centros públicos de mayores. Mientras otros decidimos seguir apostando por esa emoción que día a día hace luchar por una mejor atención a nuestros ancianos, luchar por esas SONRISAS

Pasamos un proceso selectivo por concurso oposición para conseguir una plaza de laboral temporal, en el que primero hicimos un examen teórico y luego una entrevista practica, en donde un tribunal compuesto por personal de los ayuntamientos, delegaciones provinciales y consorcio, evaluaron nuestra capacidad resolutiva y de respuesta. Por otra parte, se puntuó nuestra experiencia, formación, especialización... a través de un concurso de meritos. Que decir tiene, que de esta selección salimos profesionales que llevábamos trabajando mucho tiempo y en condiciones muy precarias (Pero en lo que nos gusta) Y lo mejor de todo es que fuimos capaces de montar una red de centros en Galicia, fuimos capaces de dar una alta calidad de cuidados a este colectivo, hecho que a la vista esta en todas y cada una de las encuestas anónimas de satisfacción realizadas a nuestros usuarios (Mayores, familiares, cuidadores formales e informales...) ¿Realmente creen ustedes que esto seriamos capaces de hacerlo, de sentirlo, de vivirlo si nuestras plazas nos las hubiesen dado simplemente por amiguismo? Yo creo que no, y no solo eso, sino que después de diez años trabajando en esto tengo muy claro que para trabajar con mayores no vasta con un salario, hace falta vocación, ilusión, esfuerzo, es necesario enternecerse con la profundidad de miradas arrugadas por los años, ganas de ir dar lo que muchas veces la familia por si sola no consigue... Mucha gente me pregunta si no preferiría trabajar con niños, dicen que son más alegres, y que dan mas vida... os aseguro que nada me alegra mas que la mirada de alguien a pesar de no ser capaz de recordarte te sonríe asociándote a algo positivo, nada me da mas vida que los años vividos, las experiencias la sabiduría que muchas veces olvidamos que ellos tienen. ¿Ustedes creen que seria capaz de sentir esto, ejerciendo un trabajo regalado?

El Consorcio nos ofreció la posibilidad de mejorar en nuestra situación laboral, nos ofreció más recursos, pudimos opinar a cerca de lo que creíamos mejor ara nuestros mayores, nos dieron voz, nos permitieron duplicar esfuerzos vetados en la privada por optimización de medios económicos.

Yo quiero que me cuiden como estamos cuidando se lo aseguro. No quiero que me aparquen en una esquina, que me den de comer, que me aseen con caras largas y de asco, y que me digan que estoy bien cuidada. Quiero que me ofrezcan un medio de interacción, que cojan a mi familia de la mano para amortiguar el peso de mis cuidados, que me transmitan alegría y satisfacción, quiero sentirme querida en mi vejez.

Lo que se pretende hacer ahora es modificar todo esto, tirarlo al suelo y pisotearlo, por ello decidí redactar estas líneas, dejémonos de políticas, de intereses privados y admitamos el trabajo bien hecho permitiendo que se continué caminando. Llámenle Consorcio o llámenle lo que quieran, pero que nos permitan trabajar en condiciones dignas por aquello que nos gusta, que es atender a MAYORES y luchar día a día por una de esas SONRISAS, ¿¿que más da la ideología política en todo esto??