10/06/08

Salvador Allende


O vindeiro 26 de xuño cúmprense cen anos do nacemento de Salvador Allende. Como historiador admirei a moitos persoeiros, mais case todos remataron por defraudarme. Se cadra a culpa é miña, por esixir demasiado. Pero, desde que teño memoria histórica, hai unha persoa á que admirei moito, moitísimo. Para min Salvador Allende é moito máis que o presidente constitucional de Chile entre 1970 e 1973. É, sobre todo, a fidelidade e o compromiso á palabra dada. Allende prometeu que respectaria a Constitución e as leis e cumpriuno até o último momento. Dicir Allende é dicir democracia, liberdade e socialismo. El demostrou que se podía construír unha sociedade socialista sen recorrer á violencia, o goberno da Unidade Popular era o instrumento. A demostración de que o vieiro aberto por Allende era posíbel foi que desde o primeiro momento da súa presidencia comezou a conspiración para derrubalo. Instrigas nas que participou, tamén desde o primeiro intre, o departamento de Estado norteamericano, dirixido por un delincuente chamado Henry Kissinger, ao servizo doutro delincuente chamado Richard Nixon. E o golpe triunfou. Augusto Pinochet, a quen o mesmo Allende nomeara xefe do exército, traizoando a Constitución que xurara respectar, encabezou un golpe militar que levaría a unha tiranía de dezasete anos. E despois de tanto tempo, que queda? Queda a traizón? Quedan os asasinatos e as torturas? Non, queda a valentía dun home que serviu ao longo da súa vida á causa dos traballadores. Hoxe, até a dereita reaccionaria de Chile renega de Pinochet (por ladrón, non por asasino). Porque, do mesmo xeito que no debuxo de Castelao, podemos dicir que non enterraron corpos, enterraron unha semente de liberdade. Cercado no pazo presidencial de La Moneda, o 11 de setembro de 1973, Salvador Allende dirixiu a súa derradeira mensaxe ao pobo chileno. As súas palabras, aínda hoxe en día, estremécenme:

Trabajadores de mi patria: quiero agradecerles la lealtad que siempre tuvieron, la confianza que depositaron en un hombre que sólo fue intérprete de grandes anhelos de justicia, que empeñó su palabra de que respetaría la Constitución y la ley y así lo hizo (…) Seguramente Radio Magallanes será acallada y el metal tranquilo de mi voz no llegará a ustedes. No importa, la seguirán oyendo, siempre estaré justo a ustedes. Por lo menos mi recuerdo será el de un hombre digno que fue leal a la lealtad de los trabajadores.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Allende, pouco sabía del, quizáis porque non interesa... demasiado democrático para os tempos que corren... mais non sei...


Ás veces os personaxes históricos decepcionan,mais que esperamos, son humanos...
Aínda así, espero que a pasionaria non me defraude nosvindeiros anos nos que estude a república,e máis especialmente o seu papel...



P.d: breve consello para que os comentarios aumenten, neste mundillo ou gran mundo dos blogs tes que ir deixando firmas nos demáis, para que entren no teu e firmen...


un bico, futura directora do museo pazo de meirás...

Anónimo dixo...

Tonecha love's valadouro! especialmente o frenazo!

Roi Buligan dixo...

pois agradezo e devolvo os parabéns e o tempo de visita que deixache no meu espazo, moi pouco frecuentado. saúdos e volverei por aqui.

Prudencio Viveiro Mogo dixo...

Eu penso que as persoas son, básicamente, sentimentos. Por iso non podo imaxinar a emoción que sentiría o día que Sada recupere o Pazo de Meirás; se cadra a mesma emoción que sentirei ao ver como regresa Ramón Suárez Picallo e como se rehabilita a figura do seu irmán. En calquera caso, non podo imaxinar a ninguén mellor que a primeira anónima para dirixir o museo do pazo de Meirás.

A ver, que ten de malo o Frenazo?, e iso que só te levei unha vez. Tan só por iso que viches? Muller!