23/06/08

Trinta e catro


Este domingo 22 fixen trinta e catro anos. O peor de cumprir anos non é que te vaias facendo maior, o peor é a saudade dos anos pasados. A min pérdeme a melancolía. Por outra parte, o tempo é do máis subxectivo. Lembro como se fora onte as sensacións que tiña cando cumprín dezanove e, en troques, non teño lembranzas tan nidias de cando fun cumprindo vinte e tantos. Deixémonos de pasados! Se o mellor é o que está por vir! Así que metamos os recordos na maleta e camiñemos cara ao futuro. Este mércores 25 o papá cumpre oitenta anos, este si que non para! Non hai maneira de retelo na casa! En fin, parabéns papá.

2 comentarios:

jotavaladouro dixo...

Noraboa polos trinta e catro e como di a canción, que cumplas moitos mais

Anónimo dixo...

O mellor será cando poidas contar 50 máis, ou non? E a maleta, teñas 10, 20, ou 80, levámola todos. Só depende de nosoutros poder coa carga... Faime casiño, trito!