02/07/08

Contiño


Era unha vez un grupo de de intelectuais madrileños, vencellados a certo partido neocentralista, que asinaron un manifesto a prol do que denominaron lengua común. Si, xa sabedes, aquel partido creado por unha resentida que descubriu que os nacionalistas eran moi malos o día en que o lehendakari Ardanza deixou de asinar a súa nómina. Pensaban aquelas mentes privilexiadas que o idioma castelán corría serios riscos nas administracións públicas periféricas. Seguramente ningún deles chamara nunca á Xunta. De facelo poderían comprobar que tiñan máis dun oitenta por cento de posibilidades de que os atenderan en castelán. Que máis bilingüismo querían? Impresos en galego cubertos en castelán. E iso por non falar das deputacións e moitos concellos, que funcionaban maioritariamente en castelán. En que lingua estaban os Boletíns oficiais provinciais? Pero a aquelas mentes prodixiosas tamén lles preocupaba que os pais galegos non puideran escolarizar os seus fillos en castelán, e non sería máis ben ao contrario? E non sabían que a Lei de Normalización Lingüística e outros decretos deste tama eran amplamente incumpridos? A situación do castelán naquela Galiza de comezos do século XXI era verdedeiramente crítica. De todos os diarios editados no país só un era integramente en galego; e iso sen contar, faltaría máis, os editados na capital do Imperio. Cantas canles de televisión podiamos ver en galego e cantas en castelán? Ir ao cine? Case ninguén podía lembrar a última película que viran en galego ou dobrada ao galego. E despois de todo isto eu pregúntome: sería mentes bilingües ou mentes viles? Como no seu día indicou Castelao: sodes uns imperialistas fracasados.

1 comentario:

Ivan dixo...

Boas compañeiro,perdoa que tardara tanto en pasarme por eiqui pero ando algo ocupado.
Todo isto que está a pasar ultimamente arredor do tema linguistico e cando menos indignante ,de todos os xeitos nos temos que seguir coa labor dignificadora da nosa lingua e do noso coñecemento galego en xeral.
Por outra banda todo este tipo de cousas ,non fan mais,na miña opinion que beneficiarnos electoralmente ,toda esta loita anti galega que se ven desatando nos ultimos tempos,toda esta radicalizacion dunha dereita mais rancia,vai facer que a xentes se asuste un pouquiño mais ,e escaparan do voto a dereita e incluso en moitos casos tamen a "esquerda" socialista,xa que ten moita ligadura ultimamente tamen con este tipo de cuestions.Sen mais devolverche os parabens pola tua loita.Saudos dos nacionalistas do Ribeiro