31/07/08

Deica setembro


En fin, 31 de xullo, por fin chegou, non sabedes as ganas que tiña de marchar de vacacións. Volverei en setembro para seguir desfacendo os cadullos. Como este Día da Patria estivo pasado por auga (pillei unha molladura!), recupero unha fotografia do ano 2006 na que estamos todos moi contentos xunto a Anxo Quintana. A ver se con isto nos motivamos que queda moito traballo por diante. Eu son da opinión de que as cousas, se se fan con ilusión, saen mellor. E ilusión é precisamente o que non os falta aos nacionalistas. Así que adiante, sabedes que somos os que cremos neste País.

5 comentarios:

jotavaladouro dixo...

Pois haber si nos vemos polo valadouro, eu comenzo as vacacions o luns que ven.

Roi Buligan dixo...

Fanseme familiares varios rapaces e rapazas,mais non coñezo ao señor barbado do medio :)

Prudencio Viveiro Mogo dixo...

Apareceu alí de súpeto. Dicía ser vicepresidente de non sei que... Eu, a verdade, víalle máis trazas de presidente.

Anónimo dixo...

Escollín o teu blogue coma un de referenza do "BlogDay". Saúdos!

Prudencio Viveiro Mogo dixo...

Moi obrigado Iago! Seguro que cos blogues tamén se contrúe Galiza! Pruden.