03/07/08

Vaia facha!


Por esta época do ano meu pai ten un problema: os corvos cómenlle as ameixas. Tentou de todo. Taravelas de metal para espantar os corvos con ruído. Papeis de cores brillantes. Roubarlle CD’s a seu fillo para poñelos na ameixeira (reflexan moito co sol). De todo, e aínda así os corvos seguen comendo nas ameixas. E eu tamén, non vaiades pensar! Pero estes días creo que dei coa solución. Cando observei a foto que acompaña a este comentario vin a luz e levei un susto dos grandes. Despois de recuperarme, pensei: se facemos copias ampliadas deste espantallo os corvos han fuxir, logo de viraren brancos como a neve. Pódese ter menos sentido do ridículo? Non ten espellos na casa? En realidade, a facha (nunca mellor dito) que leva é todo un exemplo da política que representa. Persoas mediocres que nunca chegaron a nada e cunhas ganas inmensas de facerse notar. Pero moito olliño, que na historia de España hai bastantes precedentes deste tipo. Así que alerta, porque o noso autogoberno, a nosa cultura e a nosa lingua están en perigo por persoas que teñen un gusto pésimo, pero que, desgraciadamente, contan cunha base social. Non han pasar!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

A verdad que estilista non debe ter e tes razón esta calquera día chega a ministra e apaga e vámonos!!!bueno non vou ser tan pesimista será porque estou allende los mares peleada con todo bicho vivente.
Sigue así encántame lerche, estoume aficcionando.
Bikos desde a terra del viejo Pancho

H. dixo...

Caramba Pruden! Non sabía eu que escribías con esta contundencia. Vou facer o posible por levarme ben contigo, non vaia ser...

Unha aperta dende abaixo e noraboa!

Prudencio Viveiro Mogo dixo...

A ver, eu penso que este caso en concreto merece a nosa contundencia. En realidade, eu non fago outra cousa que recorrer ao vello recurso da ironía fina, non sei se con bos ou malos resultados. Teño dito outras veces no blogue que eu estou disposto a debater sobre o que escribo e, por suposto, a escoitar outras opinións, por moi diferentes que sexan da miña. O que ocorre é que no caso de "Rosa de España" estamos chegando a tal grao de perversión que, ás veces, dáme medo. En fin, que triunfe o debate e a pluralidade, estou seguro que nisto estamos de acordo. Moi obrigado por visitar o meu blogue.